Asociación de Nais e Pais de Alumnos
do CEIP Pedro Caselles Rollán
💙💙💙💙 Onte, os membros da directiva da ANPA do CEIP Pedro Caselles Rollán, uníronse ao Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, cun compromiso firme de visibilizar esta condición e promover unha maior compresión na nosa comunidade. Ter autismo non é un obstáculo, senon unha forma de ser especial. Cada persona con autismo ten talentos, cualidades e un mundo interior único que nos ensina a todos a ver a vida desde unha perspectiva diferente, máis rica e profunda. 💙💙💙💙
💙💙💙💙 Onte, e sempre, traballamos por un mundo no que a inclusión, o respecto e o cariño sexan o motor da nosa comunidade. Sabemos que a diversidade nos enriquece e que un entorno de amor e apoio fai que todos poidamos brillar, independentemente das nosas diferenzas. 💙💙💙💙
#DíaMundialDoAutismo
#SerEspecialÉUnRegalo
#ConcienciaciónSobreOAutismo
#CeipPedroCasellesRollán


No hay comentarios:
Publicar un comentario