Asociación de Nais e Pais de Alumnos
do CEIP Pedro Caselles Rollán
Desde o Departamento de Servizos Soiais do Concello de Xove, queremos
convidalos a un curso, que se está a organizar para o día 13 de outubro,
e que leva por titulo “TRASTORNOS NA ADOLESCENCIA E PREVENCIÓN DO
SUICIDIO”.
Esta charla será impartida pola Educadora Social Rocío Rey. Rocío leva
dazasete anos traballando con nenos e adolescentes.
Este curso ten como finalidade ofrecer ferramentas ás, familias,
coidadoras e coidadores, así como mestres e mestras, para comprender os
trastosrnos psicolóxicos máis comúns na infancia a na adolescencia,
poder identificar sinais de alerta e previr conductas suicidas.
Falaremos tamén dos pasos a seguir si nos atopamos ante un caso de
ideación suicida, todo isto, baixo unha mirada de comprensión hacia o
neno, nena, ou adolescente, pero tamén hacia as familias e persoas que
os rodean.
As incricións estarán abertas ata o xoves 9 de outubro, e deberan
efectuarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello, ou ben
chamando o Tfno: 982.59.20.01
Agardamos que sexa de interese e agradecemos a máxima difusión.
Un saúdo


No hay comentarios:
Publicar un comentario